MATEMÁTICAS ao BAÑO MARÍA.... Estética Vs. Pensamento
O pensamento matemático non nace da estética, senón das RELACIÓNS!!! As matemáticas en Infantil NON SON: números escritos, fichas coloreadas, bandexas sensoriais, provocacións de imaxes, materiais naturais sen intención. As matemáticas en Infantil SON: clasificar, comparar, ordenar, seriar, corresponder, conservar, estimar, argumentar, modelizar. Se unha actividade non activa ningunha destas estruturas , non é matemática. E nada máis. É ESTÉTICA!!! QUÉ VEIS?